EXPOSICIONS 2020


Austión Tirado - INTROSPECCIÓN

 

A mente humana pode contemplar directamente todos os fenómenos fóra dos seus propios. 

 

Na arte da contemplación atopámonos a capacidade coa que cada ser adquire ao descubrir consciencia na súa auto observación e decatarse que só ao materializalo convértese da análise ao entendemento. 

 

As miñas esculturas son  experiencias de inspeccionar o meu adentro. 

Elas son  introspección.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Belén Diz Juncal - CERO

 

Cero é un proxecto de ilustración que vira ao redor da idea da infancia, o corpo e o fogar como refuxio. A través dunha serie de debuxos realizados con bolígrafo BIC, preténdese representar ese espazo que nos fai sentir seguros por medio de escenas onde o corpo, a mirada e o contexto reflicten un imaxinario construído a partir de recordos, sensacións e sentimentos. A intención é traer ao presente ese refuxio da infancia, que na madurez resulta inalcanzable, a partir dun achegamento á intimidade dos suxeitos retratados, extraendo eses momentos puntuais do ámbito privado e a memoria para volvelos algo tanxible.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Martín Oteo Prego - DIARIO

 

 

“Fotografías que permiten entrar na atmosfera da mirada única. Unha mirada que amplía a maneira de mirar e descobre o invisible. Cor, textura, movemento, luz, sombra e beleza acazapada no cotián.”

 

 

Gema Uban

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.