IV CONVOCATORIA OS CATRO GATOS

PARA PROxECTOS EXPOSITIVOS EN 2021


Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, OS CATRO GATOS abre a Convocatoria para o programa de Exposicións en 2021.

 

  • Por medio desta convocatoria seleccionarase o 40% da programación da sala.
  • A convocatoria está dirixida a artistas, creadores e colectivos, con traballo principalmente en 2 dimensións por cuestións propias do espazo, que teñan como linguaxe as artes plásticas contemporáneas (pintura, escultura, instalación, videoarte, fotografía, etc.), en pequeno e mediano formato.
  • As disciplinas en 3 dimensións ou de carácter diferente ao estipulado anteriormente serán tomadas en consideración en función da temática realizada e a disposición do proxecto na sala de exposicións.
  • Buscamos proxectos pensados para ser mostrados en OS CATRO GATOS tendo en conta tanto as características do espazo expositivo, como que non fosen expostos en Santiago de Compostela anteriormente.
  • A selección farase segundo criterios de calidade artística, orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo de OS CATRO GATOS. Valoraranse positivamente as propostas que expoñan unha montaxe completa, experimentando con novos formatos e tratando de ofrecer unha proposta innovadora, así como as actividades complementarias ao proxecto expositivo (charlas, proxeccións, talleres, publicacións, etc.).
  • Os proxectos seleccionados expoñeranse en OS CATRO GATOS durante o ano 2021 e contarán co apoio do espazo para a montaxe, a difusión e o desenvolvemento da exposición que terá unha duración de 30 días .

A continuación atoparás toda a información e detalles para presentar o proxecto.


PROCESO DE SELECCIÓN

As propostas seleccionadas definiranse nun proceso de 2 fases:

 

Pre-selección - 8 poxectos* -

Un xurado de pre-selección formado por xestores culturais, deseñadores e artistas de distintas disciplinas, achegará os seus coñecementos e experiencia á hora de avaliar os proxectos.

* Pre-seleccionaranse un máximo de 8 proxectos.

 

Selección Final - 3 proxectos* -

De entre todos os pre-seleccionados, o equipo de OS CATRO GATOS seleccionará ata 3 proxectos que darán forma á Programación de Exposicións de OS CATRO GATOS de 2021.

* Seleccionaranse un máximo de 3 proxectos.

 


CALENDARIO

Recepción de proxectos: Do 1 de Marzo ao 30 de Xuño de 2020

 

Período de Selección:

  • Fase 1: Preselección - Do 1 ao 31 Xullo de 2020
  • Fase 2: Selección Final - Do 1  ao 31 de Agosto de 2020

Publicación Pre-seleccionados: 1 de Agosto de 2020

Publicación Seleccionados: 1 de Setembro de 2020

Exposición de Proxectos seleccionados: Entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2021

 

XURADO DE PRESELECCIÓN

Vicente Prego. Lcdo. en BBAA. Graduado artes e oficios. Artista plástico e docente.

Santiago de Compostela.

Olalla Cortizas Varela. Dra. en BBAA Docente en Facultade de ciencias da educación.

Santiago de Compostela.

María Magán Lampón, Dra. en BBAA. Directora de La Doce ( espazo arte ).

Artista plástica. Boiro.

Sara Pérez Bello. Directora de Apo`strophe Sala de Arte. Xestora cultural, pintora. Vigo

Rebeca Lar. Grad. en BBAA. Artista plástica e investigadora. Vigo.

Afonso Sestelo. Fotógrafo. Santiago de Compostela.

Reme Remedios.

Artista visual. Directora de Dosmilvacas (espacio de arte, creatividade e terapia)

Ponferrada. León. 

 

XURADO DE SELECCIÓN FINAL

Inés Silvalde. Lcd. en BBAA. Graduado en Artes e oficios, Artista plástica.

Co-directora de Os Catro Gatos , Santiago de Compostela.

Delio Sánchez. Graduado en Artes e oficios, Artista plástico.

Co-director de Os Catro Gatos , Santiago de Compostela.


¿ CÁNDO SE PoDEN PRESENTAR AS PROPoSTAS ?

O período de recepción de proxectos é do 1 de Marzo ao 30 de Xuño de 2020 (ambos incluídos).

  • A participación nesta convocatoria implica o coñecemento e a plena aceptación das súas condicións.
  • Para resolver dúbidas ou outras cuestións contactade a: comite.oscatrogatos@gmail.com
  • OS CATRO GATOS resérvase o dereito de resolver todo aquilo non previsto nestas bases, incluída a posibilidade de variar o número final de seleccionados se a calidade dos proxectos presentados non se adecua aos obxectivos da programación de exposicións, así como de propoñer modificacións que poidan mellorar a súa realización.
  • Para participar na convocatoria hai que cubrir  ESTE FORMULARIO e adxuntar un Portfolio.
  • SI O PREFIRES PODES ADXUNTAR UN VIDEO DE 10 MINUTOS CONTÁNDONOS O TEU PROXECTO EN VEZ DO PORTFOLIO. Tamén podes enviar as duas cousas.
  • O Portfolio debe conter:
  • Datos persoais, Nome, dirección, tlf de contacto, email, web, instagram, facebook, etc
  • Curriculum artístico
  • PROXECTO EXPOSITIVO Descripción teórica e técnica do proxecto, e fotos de alo menos 10 obras. O tamaño máximo do PDF será de 20 páxinas, e un peso máximo de 50 Mb.

Descarga
IV CONVOCATORIA - DESCARGA as bases
TERMS.CONDICIONES.pdf
Documento Adobe Acrobat 34.2 KB