Benvidos á páxina do Espazo para a arte OS CATRO GATOS

 


CHICLES - María Magán Lampón

Do 23 de Abril ao 21 de Maio

"Chicles"- María Magán Lampón

 

“Exhibición, inhibición, cohibición... Entre estas manifestacións do desexo circulan as nosas maiores satisfaccións e as nosas maiores frustracións” .Tomás Lijó

A serie “Chicles” non é mais que un reto persoal, que trata de retomar os medios pictóricos tradicionais para explorar formas, luces, transparencias e o disfrute da pintura como proceso creativo. Unha mirada que parte da idea de xogo en torno ao pracer sexual con obxectos sacados de contexto e interpretados en clave de humor, como pretexto para crear metáforas visuais na búsqueda de símiles morfolóxicos e gustativos. Seguindo unha liña de traballo pop, as imaxes parten de profilácticos para ser resignificados no marco simbólico do lenzo a modo de chicles masticados ou globos de chicle, obxectos tamén de dubidoso gusto. Neste senso, o interese da artista por estos traballos está no estudo das formas, cores, transparencias, brillos... nunha constante búsqueda da beleza a pesar de empregar elementos que provocan aversión tralo seu uso.