Fetiches- Natasha Lelenco
Estas pezas xorden nun momento no que confluíron dúas circunstancias particulares e unha global: a reconexión co meu pasado logo dunha viaxe de ida e volta ao meu país de orixe, Moldavia; a instalación nunha nova vivenda e cun obradoiro de traballo no que recuperei a afección que a miña nai tiña por coidar plantas de interior e a situación global de crise sanitaria co fondo da crise climática que o atravesa todo.
No contexto destas circunstancias, afondei no meu interese por un dos aspectos máis desprezados da arte, o Kitsch, a arte popular, o mal gusto. Coa súa aparente trivialidade e obsolescencia, o Kitsch é tanto técnica como esteticamente un dos signos máis representativos da modernidade (e da pos-modernidade, of course), un produto máis dun momento histórico no que a beleza é socialmente distribuída como calquera artigo adscrito a leis de mercado.
O Kitsch é en si mesmo evocación e fascinación polo pasado, un xeito de idealización que conecta moito coa forma na que adoitamos construír o relato da infancia e, nesta medida, conecta coa intrahistoria da miña formación visual, e como non, coa de todas. Na miña casa, como nas demais casas do Chisinau soviético, un humilde apartamento de 43 metros cadrados, podería faltar de todo, pero non os bibelots, reproducións de pinturas dos museos Hermitage ou Tretyakov a toda cor, plantas exóticas, tapices e demais obxectos de ganga que a nosa mirada enchía de sentido e de valor e que hoxe poñen imaxe á nosa memoria daquel tempo.
Non deixa de ser interesante a fascinación por estes obxectos de raizame cultural coma se foran unha necesidade irrenunciable para familias en situación de precariedade económica, en tanto que elementos imprescindibles para crear fogar e sentimento de pertenza naqueles cubos grises de formigón da arquitectura civil que habitaban.
Estas pezas están construídas con imaxes persistentes da miña memoria e conforman, a partir do fetichismo arredor de obxectos, flores e retratos, un xeito de mapas do tesouro, mapas que, se cadra, non levan a lugar ningún, pero cos que pretendo entrever a volatilidade do que entendemos por beleza e a existencia de territorios libres, desprexuizados e desexosos de cor, que parten do popular e que, dalgún xeito, son os que definen a imaxe dunha época.
Natasha Lelenco
Muller - Carmen Cabaneiro
CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.
A Vida en Rosa - Pere Planells.
Para esta exposición de Santiago de Compostela, a obra que Pere Planells presenta, nútrese dunha selección de coleccións recentes. Axuntadas baixo o epígrafe cupular de «A vida en Rosa», todas forman parte do seu cartulario de meditacións.
Abstraccións, ensimesmamentos que teñen na súa compañeira Rosa a paleta das suites, unha e outra vez re-visitadas. O resultado é unha conxunción de espazos que acollen complicidades, que realimentan o pensamento, que mesturan sensibilidades, e que, en definitiva, anudan unha nova conciencia autoral
CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.
Guerra fría - Jorge Agra
A Guerra Fría foi un enfrentamento político, económico, social, ideolóxico, militar e informativo iniciado tras finalizar a Segunda Guerra Mundial entre o bloque Occidental (occidental-capitalista) liderado polos Estados Unidos, o bloque do Este (oriental-comunista) liderado pola Unión Soviética.
Neste traballo utilizo as imaxes do fotoxornalismo que cubréu este conflicto entre os anos 1945 (fin da guerra) ao 1989 (caida do Muro de Berlín), como base para facer una interpretación persoal de estes iconos da historia.
"Bésame, bésame mucho" acrílico s/ lenzo. 100x100 cm.
CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.
Ínsua XIV - Nuria Lago - Mixta sobre papel - 100x100 cm - 2019
Ínsua XIV - Nuria Lago - Mixta sobre papel - 100x100 cm - 2019
CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.
Vicente Prego - Diario 21
Se navegar é unha metáfora certeira na vida, non está de máis pensar que necesitamos de faros que nos iluminen nas nosas travesías. Creo que a arte é un deses faros. No caso da pintura, para descubrila, precisamos abandonar esa mirada tan nerviosa como actual que funciona a golpe de clic e nunca se aquieta. Fainos falta a mellor das nosas miradas para darnos conta que o faro do cadro non é un faro ou non é só un faro.
Alfonso Mato
CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.